Patrimonio
Calzada empedrada do s. XVIII

A calzada empedrada do século XVIII da Pobra do Caramiñal é unha vía histórica construída con grandes laxas de granito que foi testemuña da historia non só deste municipio, senón de toda a comarca.
A súa finalidade principal era facilitar o tránsito de persoas e mercadorías entre o centro urbano e as zonas rurais nunha época na que os camiños de terra resultaban difíciles de transitar, especialmente en condicións climáticas adversas. Sempre tivo un papel crave no comercio e a mobilidade da poboación. Ao longo do seu percorrido, pódense observar elementos arquitectónicos típicos da época, como muros de pedra, canles de drenaxe e zonas con chanzos adaptados ao relevo. Actualmente, a calzada empedrada converteuse nun atractivo para senderistas e amantes do patrimonio, xa que permite gozar dunha contorna natural privilexiada mentres se percorren os seus antigos tramos.
42.607776946224, -8.9382822413946
Patrimonio
Rúa Couto
15940 España
España