Ir o contido principal
Arqueoloxía

Castro de Achadizo

Situado no extremo sur da península de Cabo da Cruz, preto do antigo porto pesqueiro da zona, o Castro do Achadizo é un dos xacementos máis antigos e significativos de Galicia. Este asentamento, que estivo habitado practicamente durante toda a Idade de Ferro, é unha referente clave no estudo da prehistoria galega.

O castro foi escavado en 1985 e posteriormente entre 1991 e 1994, revelando importantes estruturas, como parte da muralla orixinal, datada entre os séculos VI e V a.C., e varias vivendas, destacando unha de planta circular que se mantivo en uso ata o século I a.C. Tamén se atoparon concheiros, é dicir os entullos de lixo formados principalmente por cunchas de moluscos, que eran unha fonte alimenticia clave para os habitantes do castro, xunto a restos óseos, fragmentos de cerámica e obxectos de bronce como fíbulas, agullas e anzois. Parte do xacemento atópase hoxe en día sinalizado e musealizado, o que facilita a comprensión da súa relevancia histórica.

place Boiro – Cabo de Cruz, 15939 España

42.613855450582, -8.8872179547099