Ir o contido principal

1 Día de viaxe

Durante este día, visitarás os lugares máis belos e interesantes da comarca que seguro que permanecerán na túa memoria e axudaranche a ter unha visión máis global do Barbanza-Arousa.

Comezarás a xornada dirixíndoche ao atractivo lugar de Corrubedo onde te atoparás cun maxestoso faro, a súa tradicional vila mariñeira e a Duna que non deixará a ninguén indiferente.

Cando o mundo da navegación decidiu ir máis aló e realizar travesías non só de día e deixar de guiarse non só polos accidentes naturais da paisaxe que divisaban desde as súas embarcacións, naceu a necesidade da creación de sinais de iluminación que fixesen reconocibles as costas, nacendo así os faros. A palabra faro provén de Pharo, unha illa situada en fronte á cidade de Alejandía, onde se construíu unha das setes marabillas do Mundo Antigo como foi o faro de Alexandría construído en ano 279 a. C.

O noveno en iluminar as costas galegas foi o faro de Corrubedo, lugar onde comeza a travesía de hoxe. A súa localización sorprenderache e comprenderás porqué fíxose tan necesario dada a complexidade desta costa Atlántica onde se daban numerosos naufraxios. Aínda que ás veces tamén resultou ser un tanto traizoeiro xa que a descoordinación con outros faros como o de Fisterra ou o das illas Cíes ou Sálvora deu lugar a algunha que outra confusión, como sucedeu seguramente no caso do naufraxio do transatlántico Santa Isabel fronte á illa de Sálvora e que é coñecido popularmente como o “Titanic galego”. Este suceso fixo que se cambiase a luz branca que emitía ata o momento o faro de Corrubedo por unha luz vermella, o que lle valeu para que o denominasen “o faro comunista”.

Faro de Corrubedo
O Faro de Corrubedo coñecido popularmente como o "faro comunista".

A próxima parada será a vila de Corrubedo. Dando un paseo polas súas estreitas rúas, descubrirás un entrañable pobo pesqueiro intimamente ligado ao mar e onde te sentirás acompañado polo asubío do vento e o balbordo das súas augas.

Coñecerás a tradicional embarcación de Ribeira como é a dorna e que foi introducida nas Rías Baixas, probablemente como copia a menor escala do drakkar viquingo xa que, estas costas, sufriron frecuentes invasións viquingas que pretendían asediar Santiago de Compostela na Alta Idade Media.

Hai datos para pensar que anterior ao século XII, o mariñeiro galego soubo adaptar a tecnoloxía nórdica aos seus intereses, creando unha embarcación difícil de superar na súa funcionalidade, facilidade construtiva e economía de materiais, e ata os nosos tempos chegounos co que parecen ser variacións mínimas.

Unha das festas máis coñecidas de Ribeira é precisamente a festa na honra á dorna que celebra cada 24 de xullo. Esta fai referencia a unha bonita historia que relaciona ao pobo coa súa embarcación máis emblemática. Os seus principios naceron cun carácter solidario para recadar fondos para entregar a aquelas familias máis humildes para proporcionarlles un medio de ingresos a través da pesca.

Porto de Corrubedo
Porto de Corrubedo.

Non se debe de abandonar Corrubedo sen visitar a súa sobrecolledora duna, a maior de toda Galicia pero non só o que se ve resulta impoñente, se che contamos que moi preto de aquí púidose situar a famosa Atlántida seguro que o teu interese increméntase e quererás coñecer máis e máis sobre esta teoría. Pois ben, moi preto da duna atópase a lagoa de Carregal que antigamente, segundo conta a lenda, situábase a chamada a cidade de Valverde e que foi totalmente asolagada. Relatan as xentes do lugar que nun día claro aínda se poden ver no fondo da lagoa trábelas das casas e as argollas de bronce onde amarrábanse antigamente os barcos.

Outros tamén asocian a duna á cidade de Valverde e que esta puido quedar sepultada por area.

Outro atraiente lugar que visitarás é o dolmen de Axeitos que se sitúa nun tranquilo monte na aldea de Bretal. Como saberás, a mitoloxía galega é moi extensa e existen multitude de lendas asociadas a todo tipo de restos arqueolóxicos xa sexan petróglifos, dolmens/dólmenes ou castros e onde uns seres mitológicos chamados mouros e mouras que viven debaixo da terra e posúen grandes tesouros e riquezas, sempre adoitan ser os protagonistas das mesmas. De feito este dolmen tamén se coñece co nome da Pedra do Mouro.

Existen diferentes explicacións sobre a etimoloxía popular do nome de Bretal. Unha das versións estaría relacionada coa catástrofe que arrasou a cidade de Valverde e fala da presenza de Santiago Apóstolo nesta zona no momento do cataclismo e que ao ver o que sucedía dixo: "Non quero ver tal".

Faro de Corrubedo
Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo.

O concello da Pobra do Caramiñal darache a benvida a máis de cincocentos metros de altura no mirador de A Curota. Na subida serás recibido polo monólito de Valle-Inclán, soado escritor moi relacionado co concello pobrense e desde onde poderás observar unha das formacións máis características das terras galegas como son as rías. Segundo conta a lenda, son o resultado de que Deus pousase as súas mans sobre Galicia unha vez que terminou de crear o mundo.

Neste caso trátase da ría de Arousa, este brazo de mar penetrándose na costa fai que estas augas, máis tranquilas e aptas para o marisco, sexan realmente fértiles. Tanto é así, que podes observar o gran parque de bateas de mexillóns que exerce un gran peso sobre a economía da zona.

Segundo a tradición cristiá, a ría de Arousa tamén foi testemuña do traslado do corpo do Apóstolo Santiago en barca desde o porto de Jaffa (Palestina) ata as terras de Padrón, feito que se coñece co nome de “a Traslatio”. Pódesche transportar ao século I d. C e imaxinar esa gran barca de pedra trasladando os restos mortais do Apóstolo entrando pola boca da ría e seguindo o seu camiño ata chegar ao río Ulla e desde aquí proseguindo río arriba ata chegar a Iria Flavia.

Pero a ría de Arousa non sempre foi un lugar tranquilo xa que sufriu numerosos ataques ao longo da historia e dado que ademais tratábase da boca entrada por mar ao sepulcro do apóstolo Santiago, convertíana nun punto defensivo contra multitude de ataques marítimos por parte de viquingos, sarracenos, piratas e corsarios máis tarde.

Faro de Corrubedo
Vistas panorámicas da Ría de Arousa dende A Curota.

Tamén observarás a Illa de Sálvora, illa de lenda e fantástica historia, tanto é así que se visitas esta illa, unha das primeiras cousas que verás será a estatua dunha sirena. E cal será a explicación á relación de Sálvora con este ser mitológico? Pois entra varias lendas, unha delas trata sobre o cabaleiro Roldán que chegou a esta illa escapando da batalla de Roncesvalles e coñeceu a unha misteriosa sirena chamada Mariña coa que tivo un fillo iniciándose así a liñaxe dos Mariño.

En fronte a esta illa tamén tivo lugar o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel no ano 1921. O 2 de xaneiro, as habitantes de Sálvora saíron coas súas dornas ao rescate, conseguindo salvar a máis de medio centenar de sobreviventes, gañándose o nome das heroínas de Sálvora.

A próxima parada será no centro da Pobra do Caramiñal, concretamente no parque do Castelo. Aquí te atoparás co Cruceiro da Virxe da Peregrina (que forma parte do Viacrucis do mar de Arousa e Ulla) e a Casa Mariñeira, unha das poucas casas tradicionais aínda en pé. Na zona portuaria, destaca o porto de descarga de túnidos e o parque conserveiro. Na vila poderás ver a Torre Bermúdez, sede do museo dedicado a Valle-Inclán.

Faro de Corrubedo
Torre Bermúdez.

Xa no municipio veciño de Boiro, sorprenderasche co pintoresco pobo mariñeiro de Cabo de Cruz, co seu porto, as súas estreitas rúas, a súa praia da Ribeira Grande e coas súas casas de mil cores. Cabo de Cruz pertence á parroquia de Castro, con orixe no castro do Achadizo (Idade do Ferro).

Este fantástico día terminará no concello de Rianxo. Subindo ata o miradoiro da Muralla contemplarás vistas das rías e mesmo das torres da Catedral de Santiago de Compostela.

No centro da vila de Rianxo percorrerás as casas de ilustres escritores como Manuel Antonio, Rafael Dieste e Castelao. Na Praciña verás as características "casas do remo" e paseando pola praia da Torre coñecerás os restos do Castelo da Lúa (século XIII) e a súa lenda de amor.

Cabo de Cruz
Porto de Cabo de Cruz, Boiro.