Aula Activa do Mar
A súa exposición está organizada en once seccións temáticas que percorren aspectos fundamentais da vida mariñeira: desde as artes de pesca e marisqueo tradicionais, a carpintería de Ribeira ou as embarcacións máis emblemáticas, ata maquetas xeográficas, simulacións da ponte dun barco pesqueiro ou un orixinal “museo cada seis horas” que explica de forma visual os movementos das mareas. Tamén se mostra o impacto dos residuos mariños e proponse unha reflexión activa sobre a sustentabilidade da contorna costeira. A aula Activa do Mar organiza actividades educativas e campañas de concienciación ambiental. Cunha superficie dun 250 m², este espazo combina a aprendizaxe coa sensibilización, transmitindo a importancia de coidar un medio do que Rianxo e toda a comarca do Barbanza dependen desde tempos ancestrais.