Ir o contido principal
Arqueoloxía

Castro da Cidá

Castro da Cidá
Trátase dunha representación castrexa de notables dimensións que data da primeira Idade do Ferro, un asentamento cunha privilexiada posición defensiva.

O poboado estrutúrase ao redor dunha área elevada de forma ovalada cun segundo recinto, o antecastro, ao que da paso un terraplén polo Oeste e o Sur, mentres que polo Norte unha zona escarpada actúa como defensa natural. As escavacións arqueolóxicas nos anos 2014 e 2015 deixaron ao descuberto un total de vinte catro estruturas moi diversas e máis de 600 pezas cerámicas ou metalúrxicas. Existen tamén restos dunha caseta-vixía do século XVIII de control marítimo. De feito, este enclave ofrece unha vista privilexiada da entrada da Ría da Arousa e do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

42.561497020607, -9.013607716638

Arqueoloxía

Monte da Cidá, parroquias de Artes e de Carreira

15969 España

España